Mutante

A Fonte

Info

Cliente: A Fonte, auga mineral.
Traballo: Deseño da imaxen corporativa da empresa e manual de identidade, deseño de aplicacións e catálogo de produtos.
Ano: 2009.

A Fonte é unha empresa adicada á distribución de máquinas expendedoras de auga mineral, dirixida principalmente a empresas.

Abordamos a imaxe corporativa da marca decantándonos por unha estética sinxela na que primase a lexibilidade. No identificador a letra "o" conforma unha gota de auga que sae do "F" simulando unha fonte vertendo auga. Deste xeito conseguimos integrar símbolo e identificador nun mesmo conxunto gráfico, o que simplifica a comprensión da mensaxe nunha soa lectura
Utilizamos unha tipografía de rasgos suaves e sinuosos composta por liñas rectas con remates en curvas.
A cores elexidas son uns azuis que destacan pola súa sutileza e suavidade, que evocan a pureza e a calidade desta auga.

 


A FONTE

Papelería

vehículo de empresa

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero