Mutante

Alameda de Ordes

Info

Cliente: Concello de Ordes
Traballo: Decoración mural dunha zona en obras da praza da Alameda de Ordes
Ano: 2008

O Concello de Ordes contratou o nosos servizos pra desenrolar un mural decorativo que cubrise unha das zonas vaiadas da praza da Alameda de Ordes, temporalmente en obras por motivo da ampliación da praza.
As premisas requeridas polo concello eran varias, entre elas destacaba a de crear unha imaxe agradable, xoven e dinámica da vila, que amosase un concello novo e moderno que aposta polo futuro, un lugar apacible e próspero pra vivir.
Pra iso, construimos unha imaxe dinámica, cunha linguaxe gráfica moderna na que priman as cores suaves e agradables e na que as personaxes retratadas practican actividades lúdicas no seu tempo de lecer como son o sendeirismo, os deportes urbanos, a música en vivo, etc...
O mural permaneceu insitu durante uns cantos meses ata que remataron as obras de ampliación da praza da Alameda.


Técnica: Aerosol e plástica sobre madeira..


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero