Mutante

Badulake Live Club

Info

Cliente: Badulake Live Club
Traballo: Deseño da imaxen corporativa, aplicacións, campaña publicitaria e decoración interior
Ano: 2007

Badulake Live Club é unha histórica sala de concertos situada no centro de Ordes (A Coruña). Despois dunha época pechada e tras un cambio de localización, a sala reclamou os nosos servizos pra acometer o redeseño da súa imaxen gráfica e da decoración mural dos interiores da sala.

Para isto, construímos varios murais nos que xogamos coa idea da mutación e o seu paralelismo coa experimentación constante da sala, aludindo a ese carácter de seu, independente e cambiante, en contra dos estáticos parámetros comerciais da radio formula ou o coñecido como mainstream.

Para isto, construímos híbridos entre humanos e animais nos que os iconos musicais clásicos e as mensaxes se mesturan e dan lugar a novos símbolos e proclamas..

Técnica: mixta ( spray, plástica e esmalte sobre parede)


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero