Mutante

Compostela Skate

Info

Cliente: Cultura Urbana / Concepto Ulises / Concello de Santiago de Compostela
Traballo: Deseño da imaxen do festival, fotografía publicitaria, deseño de páxina web e campaña coas posteriores aplicacións
Ano: 2010

Compostela Skate é un evento multidisciplinar que, ademáis de ser principalmente un importante campionato de skate do noroeste peninsular, sitúase como unha gran festa de tódalas disciplinas da cultura urbana contemporánea como o skate, o graffiti, o breakdance e a música rap.

Os organizadores tiñan claras dúas premisas de cara ao deseño: querian que fose unha imaxen divertida e atractiva e por outro lado que representase claramente a Santiago de Compostela. Despois de reflexionar sobre estas dúas esixencias, plantexámonos dúas preguntas importantes e chegamos a outras dúas conclusións claras:

Primeiro, qué millor que un peregrino pra simbolizar a unha das tres mecas de peregrinación máis importantes do mundo??

E segundo, qué peregrino é máis coñecido en Compostela, en Galicia e se cabe tamén no mundo enteiro que o señor que sae no cartel??

Don Zapatones, o mítico peregrino que sempre está na porta da catedral na famosa praza do obradoiro..

Decidido isto, preparamos unha sesión fotográfica peculiar, na que Zapatones interpreta o cómico e ao tempo surreal papel de "peregrino skater" pra simbolizar coa súa persoa ao propio evento en si mesmo.. Ataviado con varios accesorios relacionados directamente co mundo xoven e urbano como as zapatillas deportivas, as gafas de sol e os cascos, caracterizamos a personaxe ata acadar esta imaxen, que simboliza claramente a un tempo o evento e á cidade de Compostela.

Fotos: Sokram


Identificador

Cartaz promocional

Web

Fotos do evento

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero