Mutante

Coronel Tapioca

Info

Cliente: Coronel Tapioca
Traballo: Decoración mural da tenda de Coronel Tapioca en rúa do Vilar, Santiago de Compostela
Ano: 2007

Coronel Tapioca é unha coñecida cadea de tendas de roupa e complementos especializada en productos de aventura, viaxes, ocio e tempo libre. O grupo é recoñecido pola súa coidada imaxen de marca tanto nos seus productos como na decoración de cada unha das súas tendas.
Neste caso o encargo chegounos por parte do estudio de arquitectura de Carlos Almunia e Ricardo Saez, que levou a cabo a obra e o deseño de interiores desta tenda, situada na céntrica rúa do vilar do casco histórico de Santiago de Compostela.
O noso traballo foi o deseño previo de varios motivos decorativos concretos pra o interior da tenda, entre eles a imaxen da catedral de Santiago e unha serie de columnas de orixen celta. E posteriormente a súa realización insitu nas paredes da tenda. Este foi o resultado.

Técnica: Plástica sobre parede.


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero