Mutante

Corresponsabilidade

Info

Cliente: Concello de Ordes.
Traballo: Deseño e realización dun mural para a campaña de sensibilización cidadá sobre a "corresponsabilidade" de xénero.
Ano: 2008.

A Secretaría Xeral da Igualdade, organo pertencente á Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, puxo en marcha unha Campaña de corresponsabilidade no fogar. Trátase dun proxecto dirixido a fomentar a responsabilidade compartida, doméstica e familiar, principalmente dos homes. A Concellería de muller do Concello de Ordes elaborou varias políticas de difusión desta campaña a nivel local, das cales unha delas foi este traballo que se nos plantexou: o deseño e a realización dun mural, que tiña como obxectivo difundir a mensaxe de dita campaña.

Para levar a bo porto este proxecto, tivemos que afondar na problemática existente en canto a corresponsabilidade e nos principais obxectivos desta campaña, que principalmente consistían en sensiblilizar aos homes na súas reponsabilidades dentro do fogar e con respecto ás súas parellas e familias.

É por isto que, concluímos en que a mensaxe a difundir, primeiro, debería estar dirixida claramente aos homes, e segundo, tería que sensibilizar a éstos sobre algunhas das súas responsabilidades dentro do fogar.

Para acadar esta empresa, referímonos á responsabilidade que teñen os pais con respecto aos fillos, e elaboramos este deseño que, conxuga, unha mensaxe escrita que apunta á conciencia dos pais e provoca a reflexión, acompañada dunha imaxe de estética realista que simboliza e ilustra gráficamente o significado da mensaxe escrita.

Deste xeito conseguimos unha imaxe compacta e impactante, que se proxecta ao público tanto de maneira visual como literal, reforzando deste xeito a comprensión da mensaxe, que é principalmente o que se pretende e o fin ultimo desta campaña.

Técnica: aerosol sobre parede
Situación: Rúa da feira, Ordes.


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero