Mutante

Cultura Urbana Shop

Info

Cliente: Cultura Urbana Urban Shop
Traballo: Deseño e realización de varios murais decorativos.
Ano: 2008

Cultura Urbana é unha cadea de tendas de roupa e artigos relacionados co mundo xuvenil e urbano, a cultura hip hop e outras actividades como son o graffiti, o skate, etc...

Pra a decoración mural da nova tenda, construímos unha visión imaxinaria dun Santiago invadido polas distintas disciplinas dos movimentos urbanos, como son o graffiti, o skate, o break dance ou outras máis recentes como o parkour.

Nese mural, o ceo está composto de nubes feitas con palabras que aluden ás disciplinas artísticas dos movimentos urbanos. Estas nubes choven gotas de pintura de cores que tiñen a catedral coa gama cromática do arco da vella que asoma no fondo. A súa vez, os edificios da cidade son altofalantes, radiocasettes, caixas de ritmos e aparatos electrónicos utilizados pra facer música contemporánea tal como o rap e outras músicas asociadas a este mundo urbano. E dun edificio a outro, movéndose axilmente porriba deles, avanzan os representantes destas subculturas,  facendo graffiti, breakdance, parkour, skate, etc...
Tódolos símbolos representan unha idea común, a inminente invasión da cidade por estas novas culturas emerxentes, simbolizando así a chegada e consolidación de Cultura Urbana Urban Shop en Santiago de Compostela.

Técnica: técnica mixta (spray, plástica e esmalte sobre parede)


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero