Mutante

DesOrdes Creativas

Info

Cliente: Mutante
Traballos: Organización, xestión e comisariado artístico / Deseño da imaxe e publicidade do evento
Ilustracións blog/carteis : Liqen
Anos: 2008, 2009, 2010 e 2011.

DesOrdes Creativas é un festival de arte urbana que organizamos tódolos veráns en Ordes (A Coruña) dende 2008.

O festival foi concebido e organizado por Mutante coa colaboración da Asociación Cultural Cultivarte, con toda a ilusión do mundo e con moito esforzo altruísta, tanto pola nosa parte, como pola de tódolos artistas que viñeron a participar ao longo das edicións que se foron sucedendo. En especial, queremos agradecer e citar a importante axuda e o apoio recibido por parte de Liqen, de Nana e de Nas!.

O festival pretende conseguir dúas metas principais:

Por unha banda, servir como un evento útil e rexenerador pra a sociedade e a vila no seu conxunto,  actuando como un revulsivo rehabilitador  contra o feísmo e a mala xestión urbanística que deixa tras de si, cadáveres de formigón e ladrillo abandoados á súa sorte. E deste xeito, convertir antigos espazos abandoados e deprimidos, en lugares cheos de cor e vida nos que pararse a contemplar, reflexionar, relaxarse ou entablar un diáologo.

E por outra banda, DesOrdes Creativas pretende posicionarse como un referente a nivel galego e estatal en canto a este tipo de eventos se refire e servir como un escaparate anual do que está a pasar na escea da arte urbana galega, estatal e internacional ao reunir cada ano na vila unha meticulosa selección de artistas, tanto emerxentes como veteranos nesta disciplina artística.

Durante as catro edicións do DesOrdes Creativas pasaron polo festival moitos artistas, dende aquí queremos recordar e agradecerlles a todos eles a súa implicación e o seu amor por esta arte tan necesarias:

Nash, Xpen, Laguna, Pelucas, Liqen, Nana, Peri, Sekone, Rigal, Gum, Sont, Kerg, Silc, Aiser, BlueMouse, Roke, Dr. Toy,  Isi, Potaje, Jul, Alei, Pake, Ras, Suizone, Fungus, Ossiris, Zeronetwo, Nakem, Shock,  Xori, Meos, Porte, Talos, Hermes, ETSueña, Rome, Abisal,  Hongos, Shire, Zonk, Asten, Sabor e Mus.

A todos eles, saúde e forza amig@s!!


LIQEN: "Buraco vermello"

LAGUNA: "Memoria sobre ladrillo"

PERI: "Dióxenes"

NASH, NANA & SOKRAM : " ATRACCIÓN FATAL"

PELS & RIGAL: "Pazo Burguer"

XPEN, MOU & ISI

SOKRAM: "Malas Línguas"

ROKE, SILC & DR.TOY

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero