Mutante

Dios ke te Crew

Info

Cliente: Dios ke te Crew
Traballos: Deseño de identificador e packaging de varios traballos discográficos.
Ano: varios

Dios ke te Crew é unha banda de hip hop e un dos combos galegos máis coñecidos en Galicia e no resto do estado. Dende os comezos do grupo levamos a cabo o deseño de tódolos traballos discográficos da banda, asi como o deseño do logo do grupo e algunhas outras aplicacións.


Logo

Esta composición tipográfica serve como logo ou identificador da banda, ademáis de motivo pra as camisetas do grupo e pra outras aplicacións como pegatinas, páxina web, lona de fondo de escenario, e outras..

 

Portada Maxi

Este traballo, editado en internet para descarga gratuíta, data do ano 2009 e servíu como adianto do último traballo discográfico da banda en 2011, titulado  "Humanose".  O maxi consta de dous temas, un tema central longo, titulado "Chove" e outro máis curto chamado "Ollo ó parche".

O deseño refírese á mensaxe do tema central do maxi, "Chove", no que se narra unha historia dunha noite de esmorga en Compostela.  A canción conta cómo os integrantes do grupo se van atopando uns cos outros polas tabernas de Santiago e cómo ó longo da madrugada a choiva, o alcohol e o fume se van mesturando nas cabezas e corpos dos protagonistas. Dando como resultado unha molladura monumental por dentro e tamén por fora.  Por estas razóns, a portada é unha peculiar vidrieira dunha igrexa, referenciando o carácter sarcástico do nome e da actitude do grupo na súa especial relación coa relixión.. Os motivos representados nesta vidrieira aluden directamente á esta veneración case sagrada do viño e da herba, facendo referencia a esta historia narrada no tema "Chove".

Contraportada Maxi

Portada Xénese

Deseño e maquetación: Mutante  /   Fotografía: Ovidio Aldegunde  /  Ilustración do libreto e tags: Sekone

Este LP editouse no ano 2006, e levou por nome "Xénese", facendo referencia ó xénese da biblia cristiá e parondiándoo, ao representarse a si mesmos, como enviados dun Deus Hip Hop todopoderoso que manda ós seus discípulos pra expandir a verdadeira palabra do Hip Hop.

Todo o LP supura unha constante sorna de crítica ao actual estado do rap e unha parodia dos estereotipos e canones empregados pola maior parte dos rapeiros. Esta pseudoversión da biblia é unha arma de dobre fío que ataca por unha banda a éstes prototipos estandares de rap e a un tempo rise a gargalladas da relixión católica e outras convencións políticas, morais e ideolóxicas imperantes daquel preciso momento.

Estes condicionantes, xunto coa propia condición de grupo de rap "underground",  influiron profundamente na elaboración do deseño do LP, no que confluén estas motivacións en forma de grafismos.

Por unha banda usouse unha estética próxima ao estilo gótico, propio dunha das épocas de esplendor da  igrexa católica e moi extendida en moitas igrexas e monumentos relixiosos.   E por outra parte mesturouse esta estética con recursos gráficos propios do graffiti (tags) e do street art (letras de plantilla).  Ademáis fixose unha sesión fotográfica con varias instantáneas con significado pensado e  preciso. Como é a contraportada, na que vemos unha man abrindo a tapa dun sumidoiro, as fotos dos interiores nas que os membros do grupo saen do subterráneo á superficie ou a galleta do cd que é a propia tapa do sumidoiro.

Ademáis tamén contamos co talento de Sekone, que realizou a ilustración do libreto na que se amosa unha visión apocalíptica da aparición do deus hip hopen en clave de cómic.

 

Contraportada Xénese

Galleta Xénese

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero