Mutante

Festival Meigas Fóra

Info

Cliente: Asociación Meigas Fóra.
Traballo: Deseño de cartelería e aplicacións.
Ano: 2007, 2008 e 2011.

O Meigas Fora! é un festival de música independente cunha proxección a nivel autonómico que se celebra cada ano na localidade coruñesa de Poulo (Ordes). Ten xa 8 anos de traxectoria e polo seu escenario pasaron moitos grupos importantes da escea galega e estatal.

O noso traballo foi o deseño da imaxen do festival, cartelería e aplicacións, nas edicións dos anos 2007, 2008 e 2011.


Meigas Fóra 4

 

No ano 2007, xogouse dun xeito humorísitco co mito das meigas "voladoiras", aquelas que voaban subidas nas súas vasoiras e que tiñan a capacidade pra facer piruetas acrobáticas no ceo, que son quizais as máis famosas ou as máis recoñecibles no noso imaxinario colectivo. Neste caso, a meiga do cartel debeu de beber un pouco máis da conta da poción máxica ou quizais non tiña o carnét de vasoira en regra...

 

 

Camiseta

 

 

Festival Meigas Fóra 5

 

No cartel do 2008, cambiamos de concepto e afondamos na idea das chamadas "cazas de bruxas", nas que se perseguía a éstas e os chamados "akelarres" (reunións de meigas ou bruxas nas que supostamente se invocaba ao diaño) con ánimo de xulgalas para rematar queimándoas na fogueira. Nestas cazas, a chamada "xustiza civil" saía coas súas antorchas de lume na busca destas reunións clandestinas. Facendo referencia a todo isto, xogase coa idea dunha peculiar caza de bruxas, unha festa na que se invoca o famoso dito "meigas fora!!", e na que os propios músicos son os que espantan ás meigas coa súa música, co "lume" que sae dos seus instrumentos, coa súa enerxía.

 

 

Ilustración

Camiseta

Festival Meigas Fóra 8

 

No ano 2011, estudiamos as lendas e símbolos máxicos da historia de Galicia, co fin de atopar algún elemento protector contra feitizos ou o coñecido “Mal de ollo”. Atopamos varios iconos provintes das raices da nosa cultura como “a figa” e “o lobicán”, ambos protectores contra as maldicións creadas por meigas ou seres máxicos.
Optamos polo icono da “figa” pois afondando na sua historia atopamos que se trata do amuleto máis poderoso para loitar e espantar directamente ás meigas.
Para abordar o deseño, adaptamos o amuleto a unha linguaxe moderna, cercana ó constructivismo ruso, o que reforza a chamada a levantarse en contra das nosas "inimigas"... As meigas.

 

 

Camiseta

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero