Mutante

Josep Llinàs

Info

Cliente: COAG, Colexo de Arquitectos de Santiago.
Traballo: Deseño da imaxen gráfica, publicidade e aplicacións para a exposición "Casas Vividas", de Josep Llinàs.
Ano: 2009

Para poder crear a imaxe gráfica desta exposición e dilucidar a mensaxe que trasmitira da millor maneira a esencia de Josep Llinàs como arquitecto, primeiro tivemos que entender a súa obra e afondar na súa traxectoria para comprendela. Despois da análise e observación concluímos que a obra de Josep Llinás ten unha serie de características claras que nos permitímos resumir nunha frase: o solucionador de problemas que se converteu en artista.
Podemos dicir que Llinàs é un artesán da arquitectura grazas á súa humanidade, ó amor á terra, ó seu respeto polo entorno, a sabiduría popular, e como non, polo seu amor polo oficio.

A partires das súas maquetas compoñemos imaxes semiorgánicas por medio de liñas rectas, como se dun mosaico se tratase. Para transmitir ese carácter apegado á terra utilizamos unha gama cromática de malvas moi claros, representando as cores do trencadis típico catalán, fixándonos especialmente na obra de Jujol (moi admirado por Llinàs) no parque Güell, no que en tódolos mosaicos que alí se conservan predomina unha base en azulexo branquecino en tonos malvas suaves, desta maneira aludimos á sabedoría popular fixándonos na tradición mediterránea do mosaico e centrándonos concretamente na Cataluña modernista.

Por outra banda, utilizamos un fondo branco que trasmite limpeza e orden e que expresa a armonía e a funcionalidade que consigue o autor nos seus edificios.
En canto aos textos, eliximos a Century Gothic, unha tipografía xeométrica sen serifa, deseñada pola fundición Monotype, que como tódas as da súa familia está basada en formas xeométricas básicas como o círculo, o cadrado ou o triángulo, e que pola súa lexibilidade é perfecta para utilizar nos títulos ou en pequenos bloques de texto, ademáis de recordar pola súa fluídez, ás formas arquitectónicas propias do estilo de Llinàs.


Sobre americano

Tarxetón de Invitación

Cartaz

Folleto informativo

Lona publicitaria

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero