Mutante

London

Info

Cliente: London Club
Traballo: Deseño e realización de varios murais decorativos
Ano: 2009

London é un local de copas e música en directo situado en plena zona de marcha de Ordes (A Coruña)

O proxecto realizámolo de xeito coordinado co estudio de arquitectura e interiorismo AWN, que se ocuparon do proxecto de deseño dos interiores e da fachada do local.

A nosa laboura foi a de deseño e elaboración de varios murais dentro do local, intervindo nas zonas marcadas con AWN pra a integración idónea no seu conxunto.
O concepto de partida foi a de crear un London onírico, peculiar e único, moi diferente ao da realidade.
Neste pequeno Londres particular o surreal gaña protagonismo e te transporta a unha dimensión paralela na que os grandes símbolos e iconos da cidade, cambian de personalidade mutando en imaxes sorprendentes que transgreden a realidade ironizándoa.

Técnica: técnica mixta (spray, plástica, vinilo, papel pegado e esmalte sobre parede)


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero