Mutante

Nós

Mutante é unha criatura sen clasificar…

Un organismo creativo multidisciplinar que muta e se transforma en cada  proxecto, loitando pola superación e a orixinalidade nesta xungla de asfalto saturada por unha nube densa de datos e imaxes repetidas.

Mutamos en cada traballo, por dentro primeiro, e por fóra despois.

Somos un monstro con moito ollo e con multiples extremidades capaces de levar a cabo traballos creativos do máis diverso.

Contamos cun equipo formado por profesionais e colaboradores experimentados en moitos campos da comunicación, e ofrecemos aos nosos clientes un servicio integral pra que os seus proxectos acaden un nivel comunicativo óptimo a tódolos niveis.

SERVIZOS:

  - Deseño gráfico (identidade corporativa, publicidade, cartelería, editorial, packaging, etc…)
  - Ilustración (editorial, story boards,  etc…)
  - Fotografía ( publicitaria, reportaxe, natureza, moda, artística, etc…)
  - Web ( deseño, desenvolvemento, programación, etc…)
  - Traballos audiovisuais (spots, videoclips, infografías, animacións, etc.. )
  - Creación musical (bandas sonoras orixinais, sintonías, cortinillas, etc…)
  - Decoración mural (deseñamos e personalizamos o teu local, negocio, oficina, habitación, etc… )
  - Graffiti (decoración, performances, exhibicións, obradoiros, etc…)
 

 

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero