Mutante

Nsaio Xeral

Info

Cliente: NSAIO XERAL, 1º Encontro Galego da Música Emerxente
Traballo: Deseño de imaxen gráfica do evento e aplicacións
Ano: 2009

NSAIO, a Rede Galega de Locais de Ensaio, órgano dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, organizou NSAIO XERAL,  no que se convocou para o día 17/01/2009 en Santiago de Compostela a tódolos grupos que conformaban esta rede a participar nas actividades deste evento (Casting para grupos, obradoiros formativos, concertos..).

Dende o inicio pareceunos importantísimo esa idea de “rede de locais de ensaio”, que pretende ser un tecido musical e cultural no que cada grupo ou cada músico, cada programador ou cada sala, forme parte dela e utilícea para relacionarse e darse a coñecer, para informarse, escoitar, etc…Para traducir esta idea de rede musical en imaxes, utilizamos unha metáfora visual na que o proxecto Nsaio se plantexa como unha gran comunidade biodiversa, na que interactúan múltiples personaxes,  simbolizando a tódolos axentes que conforman a rede. Esta morea de follas está cohabitada por unha variopinta listaxe de “insectrumentos”, que simbolizan a tódalas músicas emerxentes que están a medrar no país, e que se dirixen en sintonía nunha mesma dirección: á lus, ousexa ó  Nsaio Xeral.

Na serie de personaxes que ilustramos, atopamos dende a música tradicional (pandeireta, gaita,etc..) ata as músicas máis innovadoras feitas por medio das novas tecnoloxías (samplers, sintetizadores, tocadiscos, etc..), pasando como non por instrumentos  máis típicos doutros estilos como o jazz ou rock(contrabaixo, teclados, guitarra acústica, guitarra eléctrica, etc…).

O tipo de iconografía elexida para transmitir graficamente esta idea foi un tipo de ilustración que navega entre dúas augas, a expresiva simplicidade da iconografía do cómic xunto co minimalismo realista propio do debuxo vectorial. Conxugando estas dúas linguaxes conseguimos comunicar a modernidade propia dun evento como éste e dirixirnos cara o xoven público obxectivo ao que nos enfrontamos, á par que lle aportamos frescura e certo sentido do humor por medio desta metáfora conceptual.


Cartaz

Rollers

Cerre

Insectrumentos

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero