Mutante

Outros

Info


Zombie Hipotecado

LUZ PINTADA

Traballo persoal de Sokram, que consistíu nunha libre interpretación da obra "Narciso" do pintor  Caravaggio.

Caravaggio recupera neste cadro a lenda que nos fala daquel xoven tan fermoso que se quedou embebido polo reflexo da súa propia imaxen nun estanque. A súa admiración foi tal que caeu ó estanque ó intentar bicala e morreu afogado, pero, os deuses concedéronlle convertirse na flor que leva o seu nome, perpetuamente inclinada sobre a auga para poderse contemplar toda a eternidade. No cadro de Caravaggio móstrase ao fermoso xoven embriagado de amor, admirándo o seu propio reflexo, menos nítido éste, cun rostro no que se aprecia o desgaste polo paso do tempo, significando así o imperecedeiro e o superficial da beleza física.

Neste caso a imaxen creada é unha inversión dos roles das dúas metades do cadro. Por unha banda, o xoven que se mira no estanque, ten un aspecto desgastado polo paso do tempo levado ata o límite, trocando a súa cara por unha caveira dun esquelete e vestido cuns ropaxes actuais pero pasados de moda. E por outra banda, a imaxen do xoven fermoso é a que se ve reflexada no estanque.
Deste xeito, a personaxe de narciso co rostro de esquelete simboliza a morte, o efímero, a imperdurabilidade da beleza física, tan breve como a propia xuventude ou a vida mesma. Facendo referencia e criticando á realidade social na que vivimos, na que prima a obsesión pola apariencia física e na que proliferan os actuais "narcis@s" enamorados de si mesmos.

Desta maneira, simbolizamos a falsedade da beleza física na sociedade actual, na que moitas veces non é máis que unha careta que nos poñemos en forma de caros ropaxes, a maquillaxe, a operación estética que fixemos recentemente, etc... ou simplemente a imaxen fermosa e idealizada que temos de nos mesmos no espello, agudizada por esta obsesión pola apariencia que nos rodea constantemente, pero que en realidade, non responde ó presente e á propia realidade do momento. E por outra banda, facemos unha sátira desos actuais "narcisos" ,que namorados de si mesmos, non ven no que se están convertendo en realidade ou no que xa son.. (mortos en vida sen máis riqueza persoal que a apariencia física), mentres so se preocupan polo seu aspecto e que, probablemente, ao contrario que o Narciso de Caravaggio, nunca conseguirán convertirse en flor...

 

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero