Mutante

Publicitaria

Info

En Mutante Creativo contamos cun equipo de profesionais para levar a bo porto calquer tipo de proxecto.

Deseñamos, preparamos e realizamos sesións fotográficas, ben sexan en estudio ou noutras localizacións, pensadas concienzudamente en función das necesidades de cada proxecto.


DIOS KE TE CREW. "Humanose"

Sesión fotográfica deseñada para servir de imaxes de promoción do novo disco da banda, titulado "Humanose".

Fotos: por Úrsula Prego & Mutante

 

 

COMPOSTELA SKATE

Compostela Skate é un evento multidisplinar que, ademáis de ser principalmente un importante campionato de skate do noroeste peninsular, sitúase como unha gran festa de tódalas disciplinas da cultura urbana contemporánea como o skate, o graffiti, o breakdance e a música rap.

Os organizadores tiñan claras dúas premisas de cara ao deseño: querian que fose unha imaxen divertida e atractiva e por outro lado que representase claramente a Santiago de Compostela.

Sabendo isto, decidimos usar a imaxen de "Zapatones", o archicoñecido pelegrín que sempre está na porta da catedral. E pra isto, preparamos unha sesión fotográfica peculiar, na que Zapatones interpreta o cómico e ao tempo surreal papel de peregrino skater pra simbolizar coa súa persoa ao propio evento en si mesmo.. Ataviado con varios accesorios relacionados directamente co mundo xoven e urbano como as zapatillas deportivas, as gafas de sol e os cascos, caracterizamos a personaxe ata acadar esta imaxen, que simboliza claramente a un tempo o evento e á cidade de Compostela.

 

 

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero