Mutante

San Pedro

Info

Cliente: Ciber San Pedro
Traballo: Deseño de imaxen corporativa e aplicacións.
Ano: 2010.

O Ciber San Pedro é un ciberlocutorio situado na histórica Rúa de San Pedro de Santiago de Compostela. Esta rúa é unha das máis famosas de Santiago e todo un emblema da cidade, xa que é pola que entran á cidade os peregríns que chegan a Compostela e a que lles da a benvida despois do seu longo percorrido.

Traballamos en base á idea do ciber "San Pedro",  xogando coa idea de que éste é o indiscutible gardán das portas do ceo según a biblia cristiá.

Construímos un San Pedro cibernético que posúe as chaves das portas do ceo, as chaves do acceso á internet (chaves-pendrive wifi), ás chaves do coñecemento. Deste xeito o San Pedro simboliza en si mesmo ó propio ciber, abrindoche as portas á rede de redes coa súa chave "sagrada".

Para isto, construímos dúas imaxes distintas pra a representación do ciber en distintos soportes:

Por unha banda está a imaxe do San Pedro, a modo de ilustración, pensado pra o rótulo-bandeira do local.
Nesta imaxen mostramos un simpático San Pedro cibernético, cun disco duro dos antigos a modo de aureola, un rooter debaixo do brazo e mostrando as chaves "sagradas" que dan acceso á ese mundo aparte que é a rede de redes.

E por outra banda, esta imaxen compleméntase e apoiase no logotipo do ciber, que é a chave-usb wifi, por si soa.
Pra o logotipo compuxemos esta imaxen sintetizada do mesmo concepto,  que simboliza a "clave", o acceso a internet, o ciber en si mesmo pero nunha imaxen máis simple e directa.

Ademáis disto, tamén deseñamos as tarxetas de visita e dous tipos de camisetas promocionais.


Símbolo

Identificador

Tarxetas

Bandeira

Fotos Bandeira

Camisetas

Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero