Mutante

Seminario Ricardo III

Info

Cliente: Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemán da Universidade de Santiago de Compostela.
Traballo: Imaxe e deseño de cartaz publicitario.
Ano: 2011.

Este cartaz foi deseñado para anunciar o seminario A Reassessment of King Richard III: the Man and the Myth, organizado polo Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación ‘Discourse and Identity. Research Group for the multidisciplinary study of English Language, Literature and Culture (GI-1924)’.

A actividade tivo lugar o 20 de decembro de 2011 na Facultade de Filoloxía da USC e nela, seis profesores/as expertos do devandito grupo de investigación desenvolveron diversos aspectos sobre a figura histórica do rei inglés Ricardo III (1452-1485) e a súa transformación en mito universal por parte de William Shakespeare na obra Richard III (1591).

O seminario ía dirixido, principalmente, a estudantes de diversas materias de historia e cultura dos países de fala inglesa e de literatura inglesa do Grao en Lingua e Literatura Inglesas da Universidade de Santiago de Compostela.

En canto ó deseño decantámonos por utilizar o famoso retrato de Ricardo III no que se nos mostra cun carácter apacible e sosegado, ademáis incluímos na composición o simbolo da Casa de York á que él pertencía (unha rosa branca). Deste xeito pretendíase desmitificar a figura malévola que creou Shakespeare ó redor da súa persoa e acercar ao público obxectivo á personaxe.


Deseño: Mutante / Desenvolvemento: Óscar Otero